Silencio por favor

É unha proposta escénica na que dialogan corpo, voz, música e recursos multimedia interactivos.

Explóranse as diferentes manifestacións e concepcións de ruido e silencio.

Considerando ao ruido coma o conxunto de fenómenos de interferencia que obstaculizan a comunicación facémonos preguntas sobre a cantidade de estímulos visuais, auditivos, sensoriais, informativos e conceptuais aos que estamos sometidos. Hiperconexión, sobreinformación, sobreestimulación.

Dirección: Nuria Sotelo

Coreografía: Nuria Sotelo e Rut Balbís

Intérpretes: Macarena Montesinos, Rut Balbis, Mounqup e Nuria Sotelo

Espazo sonoro: Macarena Montesinos e Mounqup

Espazo multimedia: Daniel Pais e Marta Verde

Produce: Licenciada Sotelo

Coproduce:  Agadic- Xunta de Galicia

COLABORAN

logos-xuntos