INCERTEZA
Un dúo de danza–teatro para rúa e espazos non convencionais de 20min de duración, un xogo compartido co espectador,
unha peza que muda e se nutre según a localización.
Todo proceso creativo, como a vida, componse de grandes e pequenas incertezas. Como nos movemos entre elas, como as asumimos e as navegamos irán determinando o decorrer da creación. Tomar a incerteza como unha oportunidade. ¿Como os corpos asumen o incerto? ¿Como xogamos co azar? ¿Canto de azaroso ou incerto quedará no resultado final? ¿Canto risco somos capaces de asumir?
Dirección: Nuria Sotelo
Coreografía e intérpretes: Cris Vilariño e Nuria Sotelo
Produción e distribución: Licenciada Sotelo
Foto e vídeo: Vilanova Studio
Colaboran: Festival Vai de Baile
Corpo(a)Terra