A nova produción de Licenciada Sotelo con unha equipa de mulleres fortes valentes e libres, guiadas pola irrepetible Maruja Mallo

A Gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación á figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo éste ó mesmo tempo o artellador da peza.
Esta obra nace coa vontade de recoñecer e dar a coñecer a esta pintora compoñente do movemento das “Sen sombreiro”; movemento que abarca ás mulleres da Xeración do 27, esa fracción da Xeración do 27 que non aparecía nos libros de texto cando nós estudabamos.
O punto de partida é a Gala de conmemoración dos 117 anos do nacemento a artista Maruja Mallo (e 24 anos da súa morte). A partir de ahí, as tres intérpretes viaxan co seu corpo, movemento e voz a través do universo artístico e vital da pintora e dos seus propios, establecendo puntos de conexión entre tempos e espazos aparentemente lonxanos.